martes, 19 de mayo de 2009

CHARLA CONDUCCIÓN EFICIENTE


Raúl, un dos responsables de formación e medio ambiente na cámara de comercio achegouse ata a nosa clase para darnos unha charla moi interesante ao noso parecer sobre conducción eficiente.

Nun primeiro momento debatemos na clase sobre a importancia do consumo das enerxías non renovables, pola contra tamén falamos das renovables e dos seus perxuicios, xa que por exemplo a eólica devasta montes,a hidráulica interrompe os cursos dos ríos etc.

Por este motivo chegamos a conclusión de que todos somo responsables do consumo das enerxías, comezando así por consumir menos cando collemos o coche(inda que tamén consumimos coa roupa, medicamentos alimentos etc que tamén teñen como compoñente o petróleo).

Un dos pasos para consumir menos co vehículo e así facer unha conducción eficiente que beneficie o medio ambiente e o noso peto son:

- Intentar usar o menos posible o aire acondicionado.

- Non levar peso na vaca do coche.

- Acostumarse a ir en marchas largas, cando estamos a 30km/h en terceira, a 40km/h en cuarta, a 50km/h en quinta.

- Ó ir por autopista se imos a unha velocidade alta é mellor non pisar o acelerador, é mellor deixar o coche ir.

- As rodas do coche sempre teñen que ir ben inchadas

- Mirar sempre ó lonxe para non acelerar en vano, por exemplo se vemos un semáforo en vermello non acelerar ata chegar a el, senón deixar o coche ir.

Deixámosvos aquí o manual oficial

1 comentario:

  1. nenas!! parecenos super interesante o voso blog xa que a contaminación acustica moitas ves pasa desapercibida!! a seguir currando!!!!

    ResponderEliminar