sábado, 9 de mayo de 2009

LAGOA DA ANTELA: Sandiás




























































Nas augas da lagoa agóchase unha forza que conmove a alma de quen a ela se achega. Quixo a lagoa que os homes e as aves forxasen o espíritu entre os seus xuncos, quixo ser testemuña do paso dos pobos e prestar as súas beiras o camiñar de lexións e peregrinos e o seu ceo para as garzas viaxeiras. Quixo alimentar e ser alimentada, crear historia sobre as augas, para ser símbolo de identidade, símbolo de sandiás.
A casa da lagoa está habilitada de; recepción, sala introductoria, sala de proxeccións, exposición etnográfica, memoria viva, patio, sala interactiva, natureza da lagoa e sala de xogos. Ó chegar diriximonos a unha sala audiovisual donde nos proxectaron a historia e as formas de vida dos habitantes de antela cando inda existía A Lagoa. A continuación percorremos a pequena exposición que hai adicada a lagoa de Antela, logo dirixímonos a planta alta na que dispoñían de diversos materiais pedagóxicos que fan máis enriquecedora para os máis cativos. Nela podemos observar exemplos da fauna que se atopa ou que pasa pola lagoa. Por último, dirixímonos a chaira na que no seu día ocupou a lagoa de antela, donde inda quedan restos do que foi unha gran lagoa.
En tanto, a casa da lagoa pretende preservar a memoria da antiga diversidade natural, antropolóxica e patrimonial.
As fotos que arriba se ven son as imaxes que sacamos o día da visita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario