sábado, 4 de abril de 2009

INTERNET SEGURO

Ainda que esto non teña moita relación coa tematica do blog, creemos que é importante que todos teñamos estas dirección a man dado que así estaremos facendo da internet un lugra máis seguro para todos.

En primeiro lugar informamovos de www.alerta-antivirus.es unha páxina na que podemos ver todos as noticias recentes sobre virus e outras amenazas para o noso ordenador así como descargar antivirus, cortafogos etc gratuitos.

Nesta outra paxina http://www.protegeles.com poderemos facer denuncias anomimas de sitios web que conteñen inforamción falsa, contido ilicito e ilegal.

Protegeles.com é unha liña pertenecente a INHOPE (Asociación creada para facilitar a cooperación entre os diferentes provedores de liñas directas na internet. A súa misión é eliminar a pornografía infantil da rede e protexer aos máis novos dos posibeis usos nocivos e ilegales.

As liñas directas teñen un papel importante na creación dunha internet máis segura. A través delas poderás denunciar aquilo que sospeitas que é ilegal e que localizaches na internet. a liña directa investigará estas denuncias para determinar se son realmente ilegais e, se é así, tentará localizar a orixe do contido.
Se o contido é ilegal, a liña directa enviarao as forzas de seguridade no país que corresponda, e cando proceda, a empresa proveedora da internet ou aloxamento desa web para que o contido sexa retiradoda Rede.

Esperamos que esta información sexa da vosa utilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario