martes, 28 de abril de 2009

XORNADAS MEDIOAMBIENTE E EMPREGO

Poñemovos información sobre a XORNADA incluída dentro do proxecto ECO-EMPRENDE promovido por o Concello e a Fundación Biodiversidad coa cofinanciación do FSE, dirixido a: empresas, traballadores, autónomos e profesionais da educación. Deste xeito, pretendemos contribuír a obter unha maior preparación laboral.

Título da acción

SP2 - Medio Ambiente e Emprego:

sector medioambiental e empresa.

Unha opción de futuro (mozos, inmigrantes e mulleres)

Data

5 de maio de 2009

Horario

17:00 h a 21:00 h

Lugar

Salón de grados - Edificio Politécnico. Facultade de Ciencias de Ourense

Duración

4 horas

Perfil destinatarios

· Traballadores e directivos de pequenas e medianas empresas (PEMES) contratados mediante contrato laboral por unha PYME.

· Traballadores por conta propia dados de alta no réxime de autónomos ou REASS.

· Traballadores liberais (avogados, economistas, periodistas, etc.) dados de alta no réxime de autónomos.

· Traballadores agrarios dados de alta no réxime de autónomos ou REASS.

· Traballadores da educación non pública (preescolar, primaria, secundaria, etc.), contratados mediante contrato laboral, no réxime de autónomos.

· Traballadores de cooperativas e entidades de economía social dados de alta como autónomos ou no réxime xeneral, sempre que non superen os límites relativos a PEMEs establecidos na normativa comunitaria.

Programa

1_ Tendencias en subsectores do sector medioambiental. Niveis de empresariabilidade:

Xestión do auga

Xestión de residuos

Educación e sensibilización medioambiental

Xestión de espazos naturais e os seus recursos

Agricultura ecolóxica

Xestión forestal

Servizos ambientais a empresas e entidades

Turismo ambiental

2_ Perfís e competencias profesionais nas ocupacións medioambientais.

3_ Instrumentos de apoio: medidas de fomento e liñas de axuda. Xenéricas e específicas.

4_ Experiencias: cómo identificar xacementos de emprego no área medioambiental.

5_ Modelos: boas prácticas en creación de empresas e emprego no área medioambiental.

6_ Claves para a viabilidade de negocios medioambientais.

Material didáctico

· Textos e documentos

· Visualización a través de Power Point

Poñente

Eva Mª Garabal Nieto

Consultora medioambiental

Poñente maxistral

Manuel Rodríguez Méndez

Enxeñeiro de Métodos da Empresa INFINITA RENOVABLES S.A.


No hay comentarios:

Publicar un comentario